Honras

HONRAS
Foi nomeado Pontevedrés do ano, en 1973; concedéuselle o Pedrón de Ouro en 1984 (que é o premio que se lle concede á personalidade viva en Galicia que mais defendeu a cultura nacional) e a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego o mesmo ano; recibiu o Premio Trasalba en 1985 (que é un galardón anual, de carácter honorífico, que recompensa o labor cultural e galeguista de distintas figuras vivas), tamén se lle concedeu a Medalla Castelao (recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica que o faga merecedor desta distinción) ; Premio Otero Pedrayo en 1992 (ano no que tamén foi nomeado Cronista Oficial de Galicia); ​ e o Premio das Artes e das Letras de Galicia en 1995. ​ En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela.


Comentarios