Día Das Letras Galegas

O DIA DAS LETRAS GALEGAS


O día das letras galegas é unha celebración que comezou en 1963 a Real Academia Galega. Creouse para homenaxear a aquelas persoas que escribiron unha obra literaria en galego. Cada ano homenaxéase a unha persoa distinta. A primeira persoa en ser homenaxeada foi Rosalía de Castro, coa súa publicación “Cantares Galegos”. Esta obra marcou o inicio do Rexurdimento.
O 17 de maio do ano 2019 será o día deste evento, e adicarase a Antón Fraguas, tras impoñerse a súa candidatura á de Ricardo Carvalho Calero na votación levada a cabo na Real Academia Galega; xa era a séptima vez que Carvalho figuraba entre os finalistas.

Esta noticia deuna a coñecer Victor F. Freixanes, actual presidente da RAG. As únicas condicións para poder ser homenaxeado é que o autor/a ten que ter unha obra relevante en galego e ser unha persoa de calidade cultural e humana que mereza poñerse como exemplo da sociedade galega de hoxe en día. Ademais ten que facer 10 ou máis anos da súa morte.

Comentarios