Fundación Antón Fraguas

FUNDACIÓN ANTÓN FRAGUAS
Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co  obxectivo de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por representada crearon e rescataron prara a  conservación futura da memoria de Galicia”.

A existencia dunha institución onde se recolle e se estuda a cultura material e espiritual de Galicia, convertendóse nun punto de referencia no que os galegos  se recoñecen e se identifican como pobo, foi un anhelo de todos os autores galegos. Galicia como obxecto de traballo e investigación foi a meta do Grupo Nós e do Seminario de Estudos de Galegos. Esta foi tamén a base da creación no ano 1976 do Museo do Pobo Galego (MPG). Os artífices foron un conxunto de sociedades e persoas de diferentes pensamentos ideolóxicos, que unían o seu compromiso con Galicia. Co paso do tempo, novas institucións e persoas uníronse a este proxecto, facendo  do MPG unha representación e simbolización dun museo nacional galego.

O legado intelectual e moral de Antón Fraguas Fraguas, está encamiñado ao coñecemento, difusión e desenvolvemento da cultura galega. Os seus herdeiros crearon unha fundación que protexera e defendera o patrimonio que Antón Fraguas e a súa xeración xuntaran, para a conservación futura da memoria de Galicia.

Recomendamos a consulta da páxina web do Museo do Pobo Galego: http://www
.museodopobo.gal/web/index.php

Comentarios