Biografía


Antón Fraguas Fraguas naceu en Loureiro, Cotobade en 1905 e morreu en Santiago de Compostela en 1999. Estudou no bachalerato de Pontevedra,​ onde foi alumno de Castelao​ e Antonio Losada Diéguez.  Estudou a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1928 e dende este momento entrou en contacto co galeguismo.

Foi historiador, profesor, director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua; membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica.

Compaxinou o ensino coa investigación, en contacto con institucións como o Instituto Pai Sarmiento ou a RAG, na que ingresou en 1956 no sitio que deixou Castelao

Un dato curioso deste autor é que escribiu sobre a cultura espiritual campesiña. As festas e romarías populares, as cantigas, as crenzas e os costumes aparecen nalgúns dos seus ensaios.